Concurso de Fotografía Magosto 2020-21

Sabemos que as circunstancias de este ano non son as mellores, pero non por iso imos deixar de festexar unha das datas máis agardadas por todos: O MAGOSTO.

Dende a directiva do ANPA invitámosvos a participar todos xuntos en familia no “Concurso de Fotografía Magosto 2020-21

Para poder participar debedes enviarnos unha foto na que se reflexe ou ben unha celebración de magosto ou unha composición na que se utilicen materiais propios desta época: millo, follas, landras, …, e sobre todo a estrela da festa: a castaña!

Teredes de prazo dende hoxe ata o día 15 de novembro para facernos chegar unha fotografía de tódolos participantes xunto coas vosas creacións ó correo anpadosremedios@gmail.com.

Unha vez recibidas todas elas, procederase ás correspondentes valoracións. As puntuacións levaranse a cabo de maneira pública na nosa recente estreada conta de Facebook (ANPA do Colexio Nosa Señora dos Remedios).  Os resultados consideraranse definitivos o día 22 de novembro  e os nomes das familias gañadoras daranse a coñecer a través de este mesmo medio.

Haberá un premio por cada unha das seguintes categorías:

–           A representación con maior arraigo tradicional.

–           A representación máis orixinal e creativa.

Importante: Debido a que tanto as fotos recibidas coma o nome do gañador serán compartidos en redes sociais, para a participación no concurso é imprescindible que se entregue a correspondente autorización de uso de imaxe no momento de entregar a fotografía elixida.

¡¡Animádevos a participar!!

Solución cambio peonil Mazarelos

Estimadas familias,

Como membros da comunidade educativa do noso centro, coñecemos a vosa preocupación ante o cambio que vai producir o Concello na rúa de Mazarelos. Dito cambio vai impedir o uso da praza e o paso de vehículos, polo que solicitaremos unha reunión co Concelleiro de urbanismo para achegarlle a nosa preocupación. Coa intención de ser escoitados, solicitamos das familias unha recollida de sinaturas para apoiar a nosa, que é a vosa, petición de solucións.

Para recoller ditas sinaturas contaremos a partir de mañá – 18 de Setembro – e durante varios días, con dous postos con formularios, un en cada entrada e coincidindo coas entradas e saídas. Rogamos que, por mor da crise da Covid 19, intentedes ser o máis ordenados posible, non interrompendo o paso dos nenos e evitando aglomeracións. Tamén aconsellamos que cada persoa leve a cabo a sinatura co seu propio bolígrafo. Todo para poder protexer e protexernos ante este imprevisible virus.

A continuación anexamos o escrito que queremos facer chegar ao Concelleiro de Urbanismo. Se algún familiar prefire tamén pode imprimir esta carta e facérnola chegar asinada ao correo electrónico anpadosremedios@gmail.com

Podedes descargar o escrito no seguinte enlace: Escrito Concelleiro con Firma

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Arranque curso escolar 2020/2021

Estamos a piques de rematar a primeira semana de clases e comprácenos ver o ben que se acolleron as medidas do centro, sen aglomeracións nas entradas e saídas e sen incidencias salientables. Grazas a todos e a todas por colaborar en que así sexa.

Tal e como indicamos no noso anterior comunicado, dende a Xunta Directiva da AMPA queremos tamén ser partícipes desta nova normalidade. Por este motivo, no día de hoxe, e grazas a colaboración dos titores, repartíronse estoxos e dúas máscaras quirúrxicas a todos os fillos e fillas dos socios dos ciclos de infantil e primaria.  Os rapaces da ESO recibirano unha vez dean comezo as súas clases. De igual xeito, donouse ao centro un lote de 500 máscaras para que poidan facer uso delas cando estimen necesario.

 

Seguiremos traballando para que este curso se desenvolva o mellor posible para as familias.

Moito ánimo e saúde.

Festa da Comunidade Educativa 2019

A Xunta Directiva do ANPA invita a todas as familias do centro educativo á festa da Comunidade Educativa que se celebrará o próximo xoves 19 de Decembro.

No seguinte enlace podedes descargar a circular na que podedes consultar as distintas actividades que se levarán a cabo nese día. Gustaríamos remarcar que os beneficios do Mercadillo Solidario irán destinados aos proxectos misioneiros do colexio: tres bolsas de estudo de nenos apadriñados en Guinea Ecuatorial e Madagascar.

Circular Nadal colexio 2019-20

Resultado Campaña de Recollida de Alimentos

Unha única foto basta para demostrar o gran xesto de SOLIDARIEDADE de todos os alumnos e familias do colexio na Campaña de recollida de alimentos. Como AMPA queremos mostrar o noso agradecemento pola vosa colaboración.

Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo. (E. Galeano)

Campaña de recollida de alimentos

Un ano máis ponse en marcha a Campaña de Recollida de alimentos coa que se pretende lograr que todas as familias do noso entorno poidan desfrutar dun Nadal especial.

Ademáis, como se fixo o ano pasado e dado que a experiencia foi moi gratificante e enriquecedora, preténdese implicar aos nenos dun xeito activo e significativo para eles. Por este motivo, os alumnos do primeiro ciclo de primaria colaborarán na campaña de alimentos xestionando a compra dos produtos nun supermercado próximo á escola, en pequenos grupos acompañados dos profesores.

¡¡ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

CampañaNavidad-2019

Magosto 2019

Temos o pracer de convidarvos ao próximo Magosto que se celebrará o mércores 20 de Novembro a partir das 17:00h nas dependencias do Colexio. Durante a celebración do mesmo contaremos con xogos populares, manualidades, pintacaras e, por suposto, con degustación de castañas.

Ademais de reivindicar a castaña como protagonista desta festa, gustaríanos aproveitar a ocasión para traballar cas rapazas e rapaces distintos produtos do outono. Con este obxectivo propoñémosvos a seguinte actividade:

Entre o luns e o mércores os nenos e nenas poderán entregarlles aos seus titores distintos produtos identificativos da estación na que nos atopamos: castañas, landras,  millo, cabazas, etc. Con todo o recolectado, e sempre que o tempo o permita, durante o magosto fabricaremos unha alfombra na que participemos todos. ¡Animádevos! É unha ocasión perfecta para mostrarlle aos máis pequenos que con pequenas contribucións pódense alcanzar grandes obxectivos.

¡Se todos colaboramos poderemos conseguir grandes cousas!

Charla sobre Nutrición: “Somos o que comemos”

Estimadas familias:
Informámosvos que o vindeiro mércores día 6 de Novembro
ás 16:00 h, no salón de actos do colexio, terá lugar unha charla
formativa sobre ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA.
A conferencia correrá a cargo da nutricionista e doutora en
farmacia Amil López Vieitez, autora de “Dieta coherente” e “Activa
tu metabolismo con la Dieta Coherente”. Achegaranos pautas,
consellos e trucos prácticos para equilibrar almorzos e ceas co menú
do xantar. Aproveitamos para poñer no voso coñecemento que quen
nos acompaña é a persoa responsable da validación dos menús
do comedor escolar.
Animámosvos a que asistades posto que pode ser unha boa
oportunidade para resolver todas as dúbidas que poden xurdir en
torno a un tema tan importante como é a alimentación saudable
sobre todo en etapas de crecemento.

Asamblea Ordinaria 2019

Creemos firmemente en que la educación es una labor conjunta de madres, padres, alumnos y profesorado, y en que debemos trabajar en colaboración para poder conseguir nuestros objetivos. Es por ello que, tanto si pertenecéis al AMPA como si no, os invitamos a que acudáis a la próxima asamblea que se celebrará el lunes día 7 de octubre a las 17:00 horas. En ella os informaremos de nuestros objetivos, así como de diferentes propuestas que nos gustaría poder llevar a cabo en este curso académico. Además, nos encantaría que dicha asamblea se convirtiese en un punto de intercambio de información en el que todos colaboremos, de modo que estaremos encantados de recopilar ideas, quejas o inquietudes que tengáis a bien transmitir.

¡OS ESPERAMOS!

Asamblea2019