Magosto 2019

Temos o pracer de convidarvos ao próximo Magosto que se celebrará o mércores 20 de Novembro a partir das 17:00h nas dependencias do Colexio. Durante a celebración do mesmo contaremos con xogos populares, manualidades, pintacaras e, por suposto, con degustación de castañas.

Ademais de reivindicar a castaña como protagonista desta festa, gustaríanos aproveitar a ocasión para traballar cas rapazas e rapaces distintos produtos do outono. Con este obxectivo propoñémosvos a seguinte actividade:

Entre o luns e o mércores os nenos e nenas poderán entregarlles aos seus titores distintos produtos identificativos da estación na que nos atopamos: castañas, landras,  millo, cabazas, etc. Con todo o recolectado, e sempre que o tempo o permita, durante o magosto fabricaremos unha alfombra na que participemos todos. ¡Animádevos! É unha ocasión perfecta para mostrarlle aos máis pequenos que con pequenas contribucións pódense alcanzar grandes obxectivos.

¡Se todos colaboramos poderemos conseguir grandes cousas!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *