Mercadillo Solidario ASANOG

Nestos dous últimos días realizouse un Mercadillo Solidario para recadar fondos para ASANOG (Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia). Moitos dos obxectos postos á venta foron feitos con materiais reciclados, fomentando un consumo consciente e solidario.

Ademáis,  nenos do primeiro ciclo de primaria recibiron unha charla por parte do persoal de Asanog, para así achegalos a esta enfermidade que padecen cada vez máis nenos e maiores e en especial, para que comprenderan o que lle estaba a ocorrer a unha compañeira deles.

Por medio de esta iniciativa, tratamos de transmitir ós nosos fillos valores como son a participación, a responsabilidade, a solidariedade, o compromiso e a conciencia social.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *