Concurso Cientifico 2015-2016

CONCURSO CIENTÍFICO DE EXPERIMENTOS

¡CONCURCIENCIA!

O concurso de experimentos ¡ConcurCiencia! consite en realizar un video explicativo sobre un

experimento. Os temas deste ano son:

1) O principio de Arquímides

2) A lei de Lavoisier, ou principio de conservación da masa

1.- DESTINATARIOS

– Poderán concursar alumnos de ESO individualmente ou en equipos (máximo tres persoas).

– O vídeo consistirá na realización dun experimento caseiro relacionado cas temáticas propostas.

– Debe incluir unha explicación da temática escollida, unha explicación da metodoloxía

empregada no experimento demostrativo, e unha mostra do experimento.

– Única categoría para alumnos de ESO.

2.- MODALIDADE:

– Modalidade única de VÍDEO.

– Poderase presentar como máximo un vídeo por alumno ou equipo.

– A duración máxima do vídeo será de 4 minutos.

– O formato do experimento é libre e valorarase especialmente o inxenio e a orixinalidade do

mesmo así como a claridade da explicación do funcionamento e os principios nos que se basea o

fenómeno.

3.- DATAS DE ENTREGA:

– Hasta 31 de MAIO

– O video será entregado en formato CD ou pendrive en sobre pechado indicando o nome dos

participantes na Secretaría do Centro.

4.- XURADO:

– O xurado estará composto por 3 membros de recoñecido prestixio no ámbito da cultura e a

ciencia galega.

– A decisión do xurado será inapelable.

– A presentación de obras aspirantes ao premio presupón a aceptación destas bases e dos

dereitos e obrigas que se derivan das mesmas. Non cumprir as normas de presentación suporá a

eliminación da obra do concurso.

5. PREMIOS

1º PREMIO: unha Tablet

2º PREMIO: lote de libros

3º PREMIO: lote de libros

A organización do concurso poderá difundir ou publicar as obras recibidas baixo licenza "creative

commons" sen ánimo de lucro.

Entrega de Premios o día 10 de xuño.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *