Actividades – Trocolibro

Nesta sección presentamos distintas actividades promovidas pola ANPA que temos pensado celebrar todos os anos no colexio como o TROCOLIBRO.

Trocolibro 2023 Anpa dos Remedios

 TROCOLIBRO

 O TROCOLIBRO celébrase con motivo do Día Mundial do Libro, o 23 de Abril. Esta actividade tivo unha grande acollida neste ano 2023 e consistiu no troco de libros por parte d@s alumn@a, profesorado, nais e pais.  Durante unha semana organizouse o troco de libros por diferentes etapas na galería de entrada do colexio: INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA e ESO.  Tamén un día para profesorado pais e nais.

 Previamente levouse a cabo a entrega de libros para poder organizarlos por temáticas e idades. Tras o traballo da ANPA de recollida e clasificación montáronse mesas con todo o material recolectado para que os alumnos e alumnas puidera escoller qué libros desexaban trocar.

Fixéronse unhos vales para establecer as condicións e seguir unha orde no proceso.

 

Vale Trocolibro 2023
  • Entregáronse 447 libros
  • Intercambiáronse 261 libros
  • Houbo un excedente que se aportou á biblioteca do cole: 186 libros.

Esta actividade é unha das iniciativas da ANPA para a estimulación da lectura entre o alumnado e tivo moi boa resposta por parte de todas as familias e o profesorado.

Os alumnos e alumnas deste colexio son moi xenerosos e con moitos valores, seguide así!


A TÚA OPINIÓN CONTA!

Se tes en mente algunha actividade que a ANPA poda promover ou levar a cabo non dubides en poñerte en contacto con nos, estaremos encantad@s de escoitarte. Lembra: A ANPA SOMOS TOD@S!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *