Nesta sección presentamos distintas actividades promovidas pola ANPA que temos pensado celebrar todos os anos no colexio como o TROCOLIBRO.

TROCOLIBRO
O TROCOLIBRO celébrase con motivo do Día Mundial do Libro, o 23 de Abril. Esta actividade tivo unha grande acollida neste ano 2023 e consistiu no troco de libros por parte d@s alumn@a, profesorado, nais e pais. Durante unha semana organizouse o troco de libros por diferentes etapas na galería de entrada do colexio: INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA e ESO. Tamén un día para profesorado pais e nais.
Previamente levouse a cabo a entrega de libros para poder organizarlos por temáticas e idades. Tras o traballo da ANPA de recollida e clasificación montáronse mesas con todo o material recolectado para que os alumnos e alumnas puidera escoller qué libros desexaban trocar.
Fixéronse unhos vales para establecer as condicións e seguir unha orde no proceso.

- Entregáronse 447 libros
- Intercambiáronse 261 libros
- Houbo un excedente que se aportou á biblioteca do cole: 186 libros.
Esta actividade é unha das iniciativas da ANPA para a estimulación da lectura entre o alumnado e tivo moi boa resposta por parte de todas as familias e o profesorado.
Os alumnos e alumnas deste colexio son moi xenerosos e con moitos valores, seguide así!
A TÚA OPINIÓN CONTA!
Se tes en mente algunha actividade que a ANPA poda promover ou levar a cabo non dubides en poñerte en contacto con nos, estaremos encantad@s de escoitarte. Lembra: A ANPA SOMOS TOD@S!