PRESENTACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA «Ntra. SEÑORA DE LOS REMEDIOS»
Presentamos a nova Xunta Directiva da ANPA do Colexio «Ntra. SEÑORA DE LOS REMEDIOS»; a cal constituiuse na Asamblea Xeral de socios celebrada o pasado 15 de marzo de 2023.
Somos un grupo de familias voluntarias movidas polo interese na educación dos nosos fillos/as e pola nosa intención de colaborar co profesorado e co equipo directivo para un mellor funcionamiento do centro. A nova Junta a la que dirigirse es:
- Presidenta: Lorena Martínez Pedrares
- Vicepresidenta: Leticia Céspedes García
- Secretaria: Nancy López Rabuñal
- Tesoreira: Vanessa Carro Asorey
- Vogais: Salwa Olalla, Rocío Rodríguez, Carolina Manrique, Paula Rey, Carmen Santiso e Ana López.
A ANPA é o mellor e máis eficiente órgano de representación das familias nun colexio e é unha ferramenta de participación activa na xestión e o modelo educativo do centro. É a vía que temos para tomar decisións e participar naquelo que desexamos para a educación dos nosos/as fillos/as.
Tamén, participamos no Consello Escolar do centro que xunto ó resto de personas elexidas polas nais, pais, alumnado e claustro compoñen o citado Consello Escolar. É nese órgano onde se toman as decisiones que afectan ó funcionamento do Centro.
A Xunta Directiva somos un grupo de nais que queren traballar activa e comprometidamente pola educación dos nosos/as fillos/as… pero faltádesnos algún de vos!
A ANPA construímola entre tod@s por iso pedimos que participedes e sexades soci@s. A ANPA somos tod@s, culqueira actuación d@s soci@s reverte, sobre todo no colexio. Por iso, e por solidariedade entre todos, temos que traballar xuntos polo ben dos nosos fillos/as. Porém, pedímosvos que vos fagades soci@s. Culqueira suxerencia ou aportación ó equipo directivo de forma individual nunca terá tanto peso como si se presenta desde a Asociación e no nome de todas as familias. Tamén precisamos da vosa asistencia ás reunións e sobre todo, das vosas opinións e suxestións para levar a cabo novas iniciativas no colexio.
Pertencer á ANPA supón:
– Estar informado das actuacións levadas a cabo no colexio.
– Participar en actividades charlas promovidas pola asociación.
Para que nos coñezades un pouco, comezamos a nosa andaina como ANPA coa actividade do TROCOLIBRO, para celebrar cos alumnos/as do colexio o Día do Libro. Tivo moi boa acollida e queremos que como pais, participedes.
Temos máis plans que queremos levar a cabo e gustaríanos que as familias do colexio sexan partícipes. Por iso necesitamos a vosa axuda.
Anímate a participar! Asóciate! Tes toda la info en este link
Xuntos seremos máis fortes!
Estamos á vosa disposición. A Xunta Directiva