Desde a ANPA integramos actividades que complementan a “ESCOLA MÁXICA”, un proxecto que se celebra cada ano no noso colexio. Este curso desde a Asociación de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas do Colexio Nª Sra. dos Remedios de Santiago de Compostela, temos preparadas moitas actividades culturais que celebraremos neste mes de Decembro para iniciar un Nadal 2024 cheo de maxia e ilusión
Por iso temos un mes de Decembro que se centra en actividades artísticas e culturais para estimular ó alumnado, darlle un respiro tras o período de exames e poder achegar a música, as artes plásticas e a literatura oral ó colexio con destacados profesionais galegos destes ámbitos. O obxectivo é que os alumnos e alumnas interaccionen de forma directa con formas de expresión artística que incentiven as súas capacidades e fomenten outras formas de comunicación fóra das hexemónicas novas tecnoloxías.
OBRADOIRO DE CÓMICS POR IVÁN SUÁREZ- 1º DA ESO-LUNS 11 DE DECEMBRO DE 2024
Taller de Banda Deseñada en Galego impartido por Iván Suárez – debuxante de banda deseñada
O taller está orientado para os alumnos de 1ª da ESO repartidos dúas roldas. Consta dunha charla teórica na que o autor conta un pouco a súa experiencia persoal na creación dunha banda deseñada; o guión, o storyboard, a creación de personaxes, etc… acompañada de imaxes e proxeccións do seu traballo. (20-30 min.)
Aquí tendes algunhas fotos de partes dos seus cómics.
A parte práctica consiste en que os alumnos fan o seu propio cómic en base a unha proposta que Iván Suárez traerá preparada. (1 h) Se queredes coñecer máis sobre este autor podedes visitar a súa páxina web neste enlace.
CONCERTO A FANTÁSTICA ORCRESTA 1º-2º ESO MÉRCORES 11 DE DECEMBRO 2024
O trío formado por Dani Pazos, compositor e fundador do grupo fai as súas propias composicións e achega a música tradicional e a clásica a un público aberto e xuvenil.
CONTACONTOS Celso Fernández Sanmartín CICLO DE INFANTIL – XOVES 12 DE DECEMBRO 2024
Toda unha sorte poder contar con este poeta e contacontos de recoñecido prestixio; Celso Sanmartín. Ten unha grande traxectoria na tradición oral da nosa lingua con numerosas aparicións en medios e moito camiño percorrido no ámbito de actividades escolares.
A ANPA deseñou estas actividades dentro deste programa anual, tendo en conta as inquietudes do profesorado e dos pais e nais. Ó longo do curso centrámonos na Educación Emocional e na Arte e a Cultura para mellorar a convivencia, e prever situacións de “bullyng”.
Xa fixemos varias actividades neste sentido como a Charla Obradoiro Benestar Menstrual o pasado mes de Abril polo Día Mundial da Saúde para os alumnos e alumnas de 6º de EP e os Obradoiros EDUCACIÓN EMOCIONAL para todos os cursos de Educación Primaria coa psicóloga Ana Franco Pardal, de Little Panda .
Agora é a quenda da arte e a cultura como canal para a convivencia e a creación de vías diferentes de interactuar en sociedade. Xa iniciamos este tipo de actividades tamén en Maio xa que CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS COA VISITA DA ESCRITORA ANA MEILÁN
Todas estas actividades son posibles grazas ó apoio da Deputación da Coruña