ESCOLA MÁXICA 2023-2024 | EDUCACIÓN EMOCIONAL, ARTE E CULTURA PARA A CONVIVENCIA 2023-24

ESCOLA MÁXICA CPR REMEDIOS

 Desde a ANPA integramos  actividades que  complementan a “ESCOLA MÁXICA”, un proxecto que se celebra cada ano no noso colexio. Este curso desde a Asociación de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas do Colexio Nª Sra. dos Remedios de Santiago de Compostela, temos preparadas moitas actividades culturais que celebraremos neste mes de Decembro para iniciar un Nadal 2024 cheo de maxia e ilusión

ESCOLA MÁXICA
ANPA Remedios Santiago de Compostela

 Por iso temos un mes de Decembro que se centra en actividades artísticas e culturais para estimular ó alumnado, darlle un respiro tras o período de exames e poder achegar a música, as artes plásticas e a literatura oral ó colexio con destacados profesionais galegos destes ámbitos.  O obxectivo é que os alumnos e alumnas interaccionen de forma directa con formas de expresión artística que incentiven as súas capacidades e fomenten outras formas de comunicación fóra das hexemónicas novas tecnoloxías.

CONCERTO A FANTÁSTICA ORCRESTA 1º-2º ESO MÉRCORES 11 DE DECEMBRO 2024

 

 A fantástica orcresta é un grupo de influencias musicais folclóricas de Galicia, Bretaña, Euskadi, os Balcáns… etc

 Nesta proposta, este grupo de amigos traen un show animado no que non falta o humor nas súas letras e tamén temas de carácter máis íntimo. Cabe destacar a influencia circense nas composicións que esta banda realiza, dando un toque especial a cada un dos seus temas.

Un show especial que non te deixará indiferente!

 

CONTACONTOS  Celso Fernández Sanmartín  CICLO DE INFANTIL – XOVES  12 DE DECEMBRO 2024

Toda unha sorte poder contar con este poeta e contacontos de recoñecido prestixio; Celso Sanmartín.  Ten unha grande traxectoria na tradición oral da nosa lingua con numerosas aparicións en medios e moito camiño percorrido no ámbito de actividades escolares.

Celso Fernández Sanmartín

 

OBRADOIRO DE CÓMICS POR IVÁN SUÁREZ- 1º DA ESO-VENRES 13 DE DECEMBRO DE 2024

Taller de Banda Deseñada en Galego impartido por Iván Suárez – debuxante de banda deseñada

 O taller está orientado para os alumnos de 1ª da ESO repartidos dúas roldas. Consta dunha charla teórica na que o autor conta un pouco a súa experiencia persoal na creación dunha banda deseñada; o guión, o storyboard, a creación de personaxes, etc…  acompañada de imaxes e proxeccións do seu traballo. (20-30 min.)

Aquí tendes algunhas fotos de partes dos seus cómics.

 A parte práctica consiste en que os alumnos fan o seu propio cómic en base a unha proposta que Iván Suárez traerá preparada. (1 h) Se queredes coñecer máis sobre este autor podedes visitar a súa páxina web neste enlace.

 A ANPA deseñou estas actividades dentro deste programa anual, tendo en conta as inquietudes do profesorado e dos pais e nais. Ó longo do curso  centrámonos na Educación Emocional e na Arte e a Cultura para mellorar a convivencia, e prever situacións de “bullyng”. 

 Xa fixemos varias actividades neste sentido como a Charla Obradoiro Benestar Menstrual o pasado mes de Abril polo Día Mundial da Saúde para os alumnos e alumnas de 6º de EP e os Obradoiros EDUCACIÓN EMOCIONAL  para todos os cursos de Educación Primaria coa psicóloga Ana Franco Pardal, de Little Panda .

  Agora é a quenda da arte e a cultura como canal para a convivencia e a creación de vías diferentes de interactuar en sociedade. Xa iniciamos este tipo de actividades tamén en Maio xa que CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS COA VISITA DA ESCRITORA ANA MEILÁN 

 Todas estas actividades son posibles grazas ó apoio da Deputación da Coruña

 

ASEMBLEA XERAL ANPA DOS REMEDIOS 2024

Estimadas familias,

Realizamos a CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2024

  • Convócase Asemblea Xeral ordinaria da ANPA dos «Colexio Nuestra Señora de los Remedios» que terá lugar na Biblioteca da escola o vindeiro xoves 14 de marzo ás 18.00 horas en primeira convocatoria.  Instamos ás familias socias á asistir a esta Asemblea Xeral , coa seguinte orde do día:
  1. Ratificación de cargos vacantes da Xunta Directiva cubertos provisionalmente en Xunta extraordinaria do 11 de decembro de 2023.
  2. Lectura e aprobación da acta da Xunta realizada o Xoves 22 de Xaneiro 2024
  3. Exposición e aprobación, se procede, do Balance de Ingresos e Gastos do curso 2023-2024
  4. Peche de actividades para o ano 2024. (*Peche de custe de actividades / CRONOGRAMA
  5. Rogos e preguntas

Animamos a todas as familias asociadas a atender a esta reunión! Participade!

Se aínda non sodes soci@s tendes toda a INFO NESTE LINK

CONCURSO LOGOTIPO ANPA Nsa. Sra. dos REMEDIOS

Hola a tod@s:

Somos a nova ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos) Nosa Señora dos Remedios. As persoas (máis ben as nais) que formamos parte desta Xunta Directiva queremos transmitirvos a ilusión coa que iniciamos este proxecto e a nosa intención de traballar co único obxectivo de favorecer e mellorar a vosa educación e o voso paso polo colexio.

Moitos de vós xa nos coñecedes pola primeira iniciativa que fixemos no colexio, o TROCOLIBRO, na cal participachedes e estamos moi contentas dos resultados obtidos nesa actividade.

Como sabedes, este mes celébrase o día das letras galegas, e é por iso que pensamos lanzar unha nova iniciativa para vós baixo o título:

O DESEÑAS, REPRESéNTANOS A TODOS

Trátase de que os alumnos da E.S.O. deseñedes o novo logotipo da ANPA. Cremos que, xa que somos unha Asociación de Nais e Pais de Alumnos, que mellor que sexan os alumnos os que deseñen o noso logotipo, ó fin e o cabo sodes os nosos fillos ós que estamos a representar.

Esperamos que participedes!!!!!

Pode ser un traballo individual ou colectivo, e podedes pedirlle axuda ós profesores/titores.

Unha forte aperta. ¡¡¡¡Animádevos a participar!!!!!!

A Xunta Directiva ANPA – Aquí tendes as bases do concurso.

BASES CONCURSO LOGOTIPO ANPA Nsa. Sra. dos REMEDIOS

O DESEÑAS, REPRESéNTANOS A TODOS

A ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS do Colexio Nosa SEÑORA DOS REMEDIOS convoca o concurso de deseño do seu logotipo, o cal vai dirixido aos alumnos e alumnas dos cursos da E.S.O. do centro, para o que establece as seguintes bases:

BASES:

1. Obxecto. Búscase crear un logotipo destinado a representar a imaxe da asociación en calquera tipo de soporte de difusión, información ou publicidade, como a páxina web, redes sociais ou comunicacións, e que poida ser utilizado en todas as actuacións da ANPA a través de distintas canles e medios á vez que se fomenta a creatividade e participación de todos os alumnos do centro educativo aos que vai dirixido.

2. Participantes. Poderán presentar obras a concurso os/as alumnos/as que estean a cursar 1º, 2º, 3º e 4º da E.S.O. do presente curso escolar.

3. Tema. O logotipo deberá reflexar principios ou elementos referido ao seguinte:

  • A condición de centro educativo de Educación Infantil, Primaria e Segundaria.
  • As familias
  • A educación
  • Unha Asociación de nais e pais4. Condicións das Propostas:
  • O logotipo deberá ser orixinal, inédito sen infrinxir os dereitos de autor doutras persoas.
  • A técnica será libre sempre que sexa posible a súa reprodución dixital e recoméndase a maior resolución posible
    .
  • Se se utiliza tipografía non orixinal, deberá constar a descrición da fonte, tamaño e deberanse utilizar, entre outros, as cores representativas do centro educativo (azul e gris)
    .
  • Se excluirán os logotipos que conteñan connotacións ofensivas contra persoas ou institucións.
  • Os participantes deberán gardar copia do material entregado.
  • O único texto que poderá incluír a proposta será “Asociación de Nais e Pais de Alumnos Colexio Os Remedios” ou as súas siglas “ANPA Os Remedios”, en dúas versións, galego e castelán.
  • O logotipo non estará suxeito a dereitos de autor.

5.- Participación. Poderá ser un traballo individual ou en grupo. Cada participante/é poderá entregar un único deseño. NON se deberá anotar o nome do participante para evitar a identificación dos debuxos e que iso poida causar calquera tipo de afinidade ou predilección. Os deseños enviaranse á dirección de correo electrónico proporcionada en formato foto ou imaxe escaneada. Ademais deixarase ao profesor de debuxo unha impresión co nome de/os participante/s nun sobre pechado e por fóra o titulo do traballo, para logo que se remitan ó ANPA co maior anonimato posible.

6. Prazo Presentación. O prazo máximo para participar e presentar os deseños é o próximo 2 de xuño de 2023 ás 00:00 horas. Non se aceptarán deseños despois desta data.

– As propostas enviaranse a este mail: anpadosremedios@gmail.com no formato dixital.. O asunto da mensaxe será: concurso logo ANPA. O corpo da mensaxe será o título do traballo.
– O email desde o que se envie o traballo será o do profesor de debuxo do centro educativo para ser totalmente anónimo.

7.- Xurado. O Xurado estará formado polos membros da Xunta Directiva do ANPA e a dirección do Centro Educativo. O Xurado recibirá os traballos de maneira anónima e decidirá as propostas admitidas.
Na elección do logotipo valorarase que sexa:

  • Sinxelo
  • Lexible mesmo en tamaño pequeno.
  • Único, singular e identificador do ANPA
  • Reproducible en calquera tipo de material
  • Distinguible tanto en positivo como en negativo
  • Facilmente recordable
  • Modificable a escala
  • Escaneable

8. Propiedade intelectual e dereitos de reprodución.

  • A propiedade intelectual e dereitos de reprodución cederase á ANPA Os Remedios, a cal se reserva todos os dereitos de propiedade, reprodución, distribución e uso.
  • A organización resérvase o dereito de modificación do logotipo para optimizalo e adaptalo ás necesidades que poidan xurdir para a súa impresión ou reprodución. Resérvase o dereito para modificar o deseño gañador en función das necesidades, así como a cor, trama e tamaño, para adaptalos con éxito aos diferentes soportes.
  •  A participación no concurso leva implícito a aceptación destas bases e do fallo do xurado, que será inapelable.
  •  A partir da presentación dos traballos, a súa propiedade, utilización e dereitos quedarán reservados á ANPA Os Remedios. O autor/a de o deseño premiado cederá @gratuitamente os seus dereitos de reprodución e manipulación.

9.- Premios. Establécese un único premio, que será entregado ó gañador, o cal consistirá nunha tarxeta regalo valorada en 150€

10.- Exposición. O ANPA poderá facer uso de todos os debuxos participantes para a organización dunha exposición ao longo do presente curso.

¡¡¡¡¡Animádevos a participar!!!!! A Xunta Directiva do ANPA