ASEMBLEA XERAL ANPA DOS REMEDIOS 2024

Estimadas familias,

Realizamos a CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2024

  • Convócase Asemblea Xeral ordinaria da ANPA dos «Colexio Nuestra Señora de los Remedios» que terá lugar na Biblioteca da escola o vindeiro xoves 14 de marzo ás 18.00 horas en primeira convocatoria.  Instamos ás familias socias á asistir a esta Asemblea Xeral , coa seguinte orde do día:
  1. Ratificación de cargos vacantes da Xunta Directiva cubertos provisionalmente en Xunta extraordinaria do 11 de decembro de 2023.
  2. Lectura e aprobación da acta da Xunta realizada o Xoves 22 de Xaneiro 2024
  3. Exposición e aprobación, se procede, do Balance de Ingresos e Gastos do curso 2023-2024
  4. Peche de actividades para o ano 2024. (*Peche de custe de actividades / CRONOGRAMA
  5. Rogos e preguntas

Animamos a todas as familias asociadas a atender a esta reunión! Participade!

Se aínda non sodes soci@s tendes toda a INFO NESTE LINK

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS COA VISITA DA ESCRITORA ANA MEILÁN

O pasado 26 de Maio con Motivo da celebración do Día das Letras Galegas visitou o nosso cole a escritora lucense Ana Meilán.

Desde a ANPA facilitamos diferentes libros desta autora para que os profesores e profesoras puideran ler os contos nas aulas e traballalos cos alumnos e alumnas. A acollida  por parte do alumnado foi moi boa e os diferentes cursos fixeron debuxos inspirados nos contos. Con estes murais feitos no cole, decorouse o Salón de Actos. Foi unha auténtica sorpresa de benvida para Ana!

 Vémonos na obriga de facer unha mostra fotográfica das obras.

   Canto talento hai no cole!

Murais feitos polo alumnado para decorar o Salón de Actos – Ana Meilán
Mural inspirado no conto «Bágoas debaixo da Cama»
Murais inspirados no conto «Quén ven esta noite?»
Mural baseado no conto «O aire do lobo Rigoberto»
Mural inspirado no conto «O que a serea esqueceu»

 Tras ver estas e outras artistadas que  decoran o Salón de Actos (máis fotos dos murais no final do post), Ana marabillada preparou todo o seu material para as sesións de contacontos…

Ana Meilán preparando o Salón de Actos

Levaba unha maleta máxica que nos fixo rir, pensar e soñar a todos os asistentes. Dela saíron moitos motivos dos seus contos que cobraron vida cando a súa creadora empezou a contar as historias…

Realizáronse tres sesións de con grupos de alumnos por idades. En cada sesión Ana Meilán contou un dos seus contos:

– 10:15 – 11:00 h  INFANTIL – Conto «Bágoas debaixo da cama»

Bágoas gardadas na maleta de Ana Meilán

Tanto os nen@s como as mamis disfrutaron coa interpretación da autora deste conto que arrancou risas de todos nos.

SINOPSE: O pequeno Simón, canso de que todo o mundo lle chame chorón, garda en botes debaixo da cama as súas bágoas e as de todo aquel que chora, pero… Que ocorrería se o mundo quedase sen bágoas?

Ademáis de risas tamén é moi curioso como o relato de Ana trata de fomentar a empatía dos nenos e nenas cos pais e en xeral coas persoas que os rodean. As risas inundaron o Salón de Actos e Ana agasallou aos alumnos de infantil cunha especie de carné de identidade que lles fixo moita ilusión.

– 11:00 – 12:00  1°, 2º e  3° Educación Primaria – Conto:  «Un universo na túa maleta»

Un libro para o fomento lector e o descubrimento de que a través da lectura poden viaxar a calquera universo.

SINOPSE: Peter quere viaxar como fan os seus pais, percorrer o mundo e mesmo sentar nunha estrela, pero o que non imaxina Peter Panker é que todas esas viaxes están a esperalo tras as tapas dun libro.

Os alumnos e alumnas estiveron moi atentos aos diferentes destinos que podían viaxar coa súa imaxinación. Ana agasallou os nenos e nenas cunha postal e explicoulles o seu correcto uso e a debida redacción neste formato escrito. Aprender e divertirse, ilusionarse cunha postal foi algo que Ana conseguiu nesta sesión con todo o alumnado.

– 12:30 a 13:30  4ª-5º-6º  de Primaria – Conto: «O que a Serea esqueceu»

SINOPSE:  Cando o teu mundo e o seu son tan distintos, só a maxia dun peixe anano, verde e choutador pode darche unha vida xunto a el.

Este conto creouno Ana para a sua nai porque ten alzheimer. O peixe dalle unha vida a serea co seu amor. A cambio, cando teña unha vida chea de recordos, o que quere é quedar cos recordos da serea, a non ser que a serea lembre o nome do peixe… pero como xa esta a perder a memoria non se  acorda….  

 O relato deste conto foi moi emotivo. A temática, o lirismo co que está tratado… todo un mundo de emocións que se viviron a flor de pel no noso Salón de Actos.

 Nesta sesión, a escritora creou xunto cos alumnos e alumnas unha cápsula do tempo a través dun taller de escritura. Esta cápsula foi un agasallo que os mestres gardaron no colexio como recordo.

 Ana Meilán explicoulles todo o proceso creativo, dende a chegada dunha idea á mente dun autor ata o momento no que o lector ten o libro nas súas mans.

 Os nenos e nenas de 4ª, 5ª e 6º quedaron encantados e non pararon de pedirlle autógrafos. Ana non puido disimular a súa ilusión e alegría.

A verdade é que foi un auténtico placer contar con Ana Meilán.  Esta actividade deseñada pola ANPA con motivo das Letras Galegas, ten como obxetivo a animación á lectura desde idades temperás. Un xeito divertido de que os nosos fillos e fillas vexan nos libros aliados, e coñezan autores da nosa comunidade que escriben en galego e que teñen un amplo recoñecemento no panorama literario nacional.  Podes coñecer máis da autora na sua páxina web.

Ana Meilán no Colexio plurilingüe Nuestra Señora de los Remedios (Santiago)

Este tipo de actividades de animación á lectura son unha das preocupacións da ANPA que se iniciaron co TROCOLIBRO, que se seguirá a celebrar anualmente polo Día do Libro.

Se queredes que o colexio acolla máis iniciativas deste tipo animádevos a participar na Asociación de Pais e Nais do cole.  ASÓCIATE!

LETRAS GALEGAS 2023 – A ANPA convida a Ana Meilán ao Colexio plurilingüe Nuestra Señora de los Remedios (Santiago)

Nais da ANPA coa escritora Ana Meilán

Aquí deixamos as fotos doutros murais que decoraron o Salón de Actos do Cole ese día.