A Asociación de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas do Colexio Nª Sñra de los Remedios de Santiago de Compostela organiza o vindeiro Xoves 19 de Febreiro xunto con Quérote+ unha Charla de Educación Sexual en Familia para pais e nais que terá lugar na aula 2ºB da ESO ás 17:00 h!!!
María Teresa Rosón Álvarez, traballadora social especializada de Quérote+, será a conductora desta actividade orientada a enfocar este tema na familia.
É NECESARIA PREVIA INSCRICIÓN
675651670
Os vosos fillos e fillas poden quedar no colexio a cargo dun coidador no tempo que dure a charla.
Desde a ANPA integramos actividades que complementan a “ESCOLA MÁXICA”, un proxecto que se celebra cada ano no noso colexio. Este curso desde a Asociación de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas do Colexio Nª Sra. dos Remedios de Santiago de Compostela, temos preparadas moitas actividades culturais que celebraremos neste mes de Decembro para iniciar un Nadal 2024 cheo de maxia e ilusión
ANPA Remedios Santiago de Compostela
Por iso temos un mes de Decembro que se centra en actividades artísticas e culturais para estimular ó alumnado, darlle un respiro tras o período de exames e poder achegar a música, as artes plásticas e a literatura oral ó colexio con destacados profesionais galegos destes ámbitos. O obxectivo é que os alumnos e alumnas interaccionen de forma directa con formas de expresión artística que incentiven as súas capacidades e fomenten outras formas de comunicación fóra das hexemónicas novas tecnoloxías.
CONCERTO A FANTÁSTICA ORCRESTA 1º-2º ESO MÉRCORES 11 DE DECEMBRO 2024
A fantástica orcresta é un grupo de influencias musicais folclóricas de Galicia, Bretaña, Euskadi, os Balcáns… etc
Nesta proposta, este grupo de amigos traen un show animado no que non falta o humor nas súas letras e tamén temas de carácter máis íntimo. Cabe destacar a influencia circense nas composicións que esta banda realiza, dando un toque especial a cada un dos seus temas.
Toda unha sorte poder contar con este poeta e contacontos de recoñecido prestixio; Celso Sanmartín. Ten unha grande traxectoria na tradición oral da nosa lingua con numerosas aparicións en medios e moito camiño percorrido no ámbito de actividades escolares.
Celso Fernández Sanmartín
OBRADOIRO DE CÓMICS POR IVÁN SUÁREZ- 1º DA ESO-VENRES 13 DE DECEMBRO DE 2024
Taller de Banda Deseñada en Galego impartido por Iván Suárez – debuxante de banda deseñada
O taller está orientado para os alumnos de 1ª da ESO repartidos dúas roldas. Consta dunha charla teórica na que o autor conta un pouco a súa experiencia persoal na creación dunha banda deseñada; o guión, o storyboard, a creación de personaxes, etc… acompañada de imaxes e proxeccións do seu traballo. (20-30 min.)
Aquí tendes algunhas fotos de partes dos seus cómics.
A parte práctica consiste en que os alumnos fan o seu propio cómic en base a unha proposta que Iván Suárez traerá preparada. (1 h) Se queredes coñecer máis sobre este autor podedes visitar a súa páxina web neste enlace.
A ANPA deseñou estas actividades dentro deste programa anual, tendo en conta as inquietudes do profesorado e dos pais e nais. Ó longo do curso centrámonos na Educación Emocional e na Arte e a Cultura para mellorar a convivencia, e prever situacións de “bullyng”.