Obradoiros EDUCACIÓN EMOCIONAL

obradoiro de educación emocional Anpa dos Remedios
Educación Emocional

Este ano centramos o foco na Educación Emocional en idades temperás como ferramenta de prevención do bullyng. 

 Contamos con Ana Franco Pardal, psicóloga infantil e profesora de primaria para impartir obradoiros en todos os cursos do primeiro e o segundo ciclo de primaria. 

 A actividade entusiasmou ó profesorado e o alumnado e no seu planeamento incial contamos co asesoramento da orientadora do colexio que recomendou enfocar os obradoiros nestas idades, xa que son as etapas onde se pode xestar o bullyng como resultado dunha mala xestión das emocións e da sociabilidade.

 

Obradoiro educación emocional

 

Os obradoiros impartidos foron os seguintes:

Charla Primeiro ciclo Primaria (1º e 2º):

  • Introdución e identificación de emocións. Empatía e comunicación. Resolución de conflictos.
  • Mural + árbore das emociones + semáforo.  Duración: 2 HORAS

• Charla Segundo ciclo Primaria (3º e 4º): I

  • Introdución e identificación de emocións. Empatía e comunicación. Prevención acoso escolar.  Resolución de conflitos.
  • MURAL + debuxo de emocións/árbore+ círculo de agradecemento. Duración: 2 HORAS.

• Charla Tercer ciclo Primaria (5º e 6º):

  • Introdución e identificación de emocións. Empatía y comunicación. Prevención acoso escolar.
  • Resolución de conflictos. Habilidades de afrontamento.

Xogo de cartas de empatía + círculo da amizade e o respecto + mural. Duración: 2 HORAS.

O alumnado fixo moitas actividades coas que integrou de forma activa os principios para unha convivencia baseada nos valores do respecto, a igualdade e confraternidade.

 Agradecemento especial a Ana Franco, que é a fundador de Littel Panda, un espazo educativo e de desenvolvemento que temos na nosa cidade, Santiago de Compostela.

 Aprendemos sempre un chisco máis de como ser compañeir@s! Hai que axudarse!

Esta actividade foi subvencionada pola Deputación da Coruña