Compartimos con todos vós a programación do Webinar para profesorado que se impartirá o próximo martes 24 de Novembro grazas a subvención concedida pola Deputación da Coruña.
A introdución dos xogos de mesa no centro educativo como instrumento de aprendizaxe
Queremos informarvos dunha subvención solicitada á Deputación da Coruña baixo o título A introdución dos xogos de mesa no centro educativo como instrumento de aprendizaxe (habilidades transversais e competencias). Dita solicitude foi presentada o día 04/03/2020 e resolta favorablemente o 06/11/2020. Co importe recibido realizaremos as seguintes actuacións:
- Webinar Introdución á Aprendizaxe Baseada en Xogos (ABJ). O taller estará orientado ao profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria.
- Webinar Aprendizaxe e xogos en familia. Taller orientado ás familias de infantil, primaria e secundaria.
- Compras de xogos de mesa para todas as etapas educativas.
- Patio lúdico: Pintarase o chan do patio do colexio. Con esta actividade procúrase que exista unha maior diversidade de propostas de xogos co cal lograr unha mellor coeducación e que non haxa diferenzas entre sexos.
O taller para as familias realizarase mediante videoconferencia o venres 27 de Novembro ás 18:30h. Para poder participar será necesario inscribirse mediante un formulario web. Os datos necesarios serán os seguintes:
- Nome do participante
- Conta de correo electrónico (necesaria para que o participante reciba o enlace co acceso).
- Idade dos alumnos do núcleo familiar. Este dato permitirá aos conferenciantes axustar mellor os contidos en base aos intereses das familias participantes.
A inscrición deberá levarse a cabo antes do xoves 26 de Novembro.